A frase: “O poder ten que ser
obediente” non é miña, escoiteina o pasado venres nunha asemblea
en Ferrol. Unha asemblea do tecido social, e dos que ultimamente
loitan a esgalla para buscar maneiras alternativas ao neoliberalismo
imperante: Outra maneira de vivir é posible. Unha Asemblea dos
Movementos Sociais, celebrada o 28 de Setembro de 2012 no Centro
Cultural Carvalho Calero do Inferniño de Ferrol, onde foi aprobado
un Manifesto en apoio á candidatura Alternativa Galega de Esquerda.
Impresionoume o gran número de
persoas que tomaron a palabra, para expresar libremente o seu
parecer; ase mesmo a obediencia de uns para coas outras, o respecto,
pero sobre todo a sensación de que cada unha de nós éramos o
importante: non había escenario, non había mesa que presidira nada,
non había cargos ou representante públicos, aínda que si había
persoas coma nós, que militan nalgunhas asociacións ou partidos.
Éramos seres humanos na procura dun Manifesto común.
Tan forte foi o impacto que souben de
inmediato que algo novo se estaba a facer, algo que lle devolva o
poder ao pobo, algo que faga obedientes ao noso mandato aos que
elixamos para que nos representen. Por fin temos unha opción
ilusionante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario