É hora xa de facer
autocrítica construtiva que nos sirva para sabermos o que temos que facer para
combater o neoliberalismo que, cada vez máis, nos excraviza.
Na década do setenta
socialdemócratas e eurocomunistas incorremos un erro histórico para a loita
obreira e das clases humildes e excluídas da sociedade moderna, isto foi
aceptar o mercado como motor da economía, pensando que desde o Estado podíamos
poñer medidas para controlalo; esta aceptación supuxo que nos cederan momentaneamente
en Europa un estado de Benestar e uns avances importantes na conquista dos
nosos Dereitos e desenvolvemento Social, na Sanidade e o Ensino, pero a cambio
eles puxeron en práctica os seus métodos alienantes a través do seu Poder
Mediático e o seu control absoluto do Ensino e formación dos cidadáns,
solapando o poder eclesiástico, facendo individuos sen capacidade crítica,
enganchados a un consumismo atroz de tal xeito que transformaron o ímpeto
revolucionario do Maio do 68 en un aburguesamento masivo dos dirixentes de ese
movemento, das masas obreiras e dos estudantes, até o punto de facerlles pensar
que liberdade é escoller entre Pepsi-Cola ou Coca-Cola, Burger King ou
Mcdonalds ou ben un pantalón Levis ou Pepe Jeans, chegando a xente a pensar que
a felicidade é ter unha segunda vivenda no monte ou na praia, cambiar de coche,
televisor e lavadora cada 2 anos, ou de roupa, móbil e peiteado cada 6 meses,
sendo a aspiración máxima de eses individuos ter unha pizza e un Red Bull,
mentres espera sentado no sofá que Messi meta un gol para saír sorrindo á rúa
(Non estou moito no tema, mais semella que agora ten que marcar o gol un
Cristiano por iso Rouco Varela, o ministro do Interior e outros saen tanto na
moviola) Con isto a maioría dos obreiros transformáronse en burgueses
alineados, rematando a loita de clases, imprescindible para ganarlles a partida
o imperialismo neoliberal.
Non serei eu quen diga que
naqueles tempos se puidera facer algo mellor que alistarse na Socialdemocracia
ou no Eurocomunismo para favorecer a clase obreira, mais estamos en hoxe, e por
tanto o recoñecemento de ese erro histórico ten que valer para corrixilo e
volver a ser obreiros e estudantes revolucionarios, renunciando o consumismo e
perpetrar loita de clases para derrotar, no primeiro lugar, ó Mercado e
implantar a Economía Planificada ó menos nos sectores que implican os Dereitos
Humanos Fundamentais: Alimentación e Enerxía, Traballo, Vivenda, Sanidade e Ensino;
en segundo lugar acabar ca idea da empresa neoliberal (é un ente para o lucro
do empresario) e en consecuencia leva implícito a explotación dos
traballadores; e por último establecer dunha maneira efectiva Nacións e Estados
Republicanos, Democráticos e totalmente Laicos.
Nada deste proceso
revolucionario debe asustarnos porque a loita vai a ser pacífica e sen
violencia, si ben contundente e de Insubmisión para as Leis e Órdes abusivas e
imperialistas; de acción permanente e asfixiante para o poder, pero sobre todo
ten que ser de participación masiva xa que somos máis dun 90% os perxudicadas,
agredidos e desposuídas dos nosos Dereitos. A loita será pola Democracia seria,
con un sistema Electoral Proporcional puro e mellorado de tal xeito que todos
os votos teñan representación parlamentaria. Iso si, os partidarios de dar o
poder a esquerda teñen que esixirlles, unha vez no poder, que promovan
programas socialistas tales como que os emprendedores en vez de ir a escolas
neocapitalistas para ser empresarios e explotar ás traballadores, se formen
para ser cooperativistas e xestionar as empresas de forma asemblearia na
percura de dar un servizo ou producir un ben que necesiten as cidadáns en
función dunha Economía Planificada (e non polo lucro) sendo este tamén o
obxectivo na Universidade, Investigación, etc.
A esquerda no poder ten que conseguir facer públicas (de todos) as empresas
que produzan bens e servizos fundamentais (xa mencionados antes) A esquerda no
poder ten que lograr unha Sociedade Republicana, Democrática e totalmente
Laica, de feito e de dereito, sen participar en actos de liturxia de ningunha
relixión; así mesmo implantar, sen ningún tipo de represión: o dereito
a decidir das persoas sobre o seu corpo e a súa Vida (e morte); a súa liberdade
de pensamento, información, expresión, reunión e uso responsable dos Recursos
da Natureza. A esquerda en definitiva ten que manifestar con claridade que a
riqueza non a produce o capital, se non o Traballo de cada un das cidadáns,
logo ser consecuentes cando alcance o Poder.
No hay comentarios:
Publicar un comentario