É triste que na vella España aínda
exista a sensación de colonialismo e que as súas forzas mediáticas
puxesen unha imaxe indebida ao gran loitador da humanidade que é
Chávez, coma fixo outrora co seu irmán de loita Fidel Castro. Máis
estes medios caen derrotados e son moitos centos de cidadás quen xa
nin miran para EL PAÍS e moito menos para outras forzas mediáticas
máis neoliberais que este periódico. Eu mesmo xa hai moito tempo
que o rexeito e o motivo non foi a súa descerebrada orientación
antiamericana (pero si a prol dos ianquis) que tamén, se non o seu
centralismo atroz, que lle levaba a defender Madrid coma capital do
reino ao igual que na Idade Media Totalitaria. España sempre tivo
colonializadas as súas irmás Galicia, Euskadi e Cataluña e en
clave de modernidade o periodismo debe axudar a construír un Estado
Federal Republicano e Laico coas catro nacións. O outro é mirar para
atrás coma ben indica a foto de onte no Vaticano.
lunes, 8 de octubre de 2012
Colonialismo
Hoxe leo na prensa a contundente
vitoria de Chávez, e nos comentarios da xente advirto o profundo que
calou a insistencia mediática centralista de chamarlle tolo.
martes, 2 de octubre de 2012
O poder ten que ser obediente.
Esta pequena expresión ¡que grande é.
Encerra todo o que un cidadá pode pedir a aqueles a quen lles paga
para que exerzan o poder e podan organizar a sociedade na que
vivimos. Pero que difícil é conseguir realmente que o poder sexa
obediente aos mandatos do pobo, en vez de obedecer a imposicións
estranxeiras, ou ao seus propios intereses. Eu doulle voltas e
reviravoltas para atopar a fórmula máxica de organizármonos de tal
xeito que exista un resorte que faga que as cidadáns poidan
suspender de súpeto a calquera gobernante, delegada, electo ou
funcionaria que se exceda, ou non cumpra a función para a que foi
posto e pola que exerce un poder, incluso se ese lugar de poder o
ocupa sen percibir unha paga.
A frase: “O poder ten que ser
obediente” non é miña, escoiteina o pasado venres nunha asemblea
en Ferrol. Unha asemblea do tecido social, e dos que ultimamente
loitan a esgalla para buscar maneiras alternativas ao neoliberalismo
imperante: Outra maneira de vivir é posible. Unha Asemblea dos
Movementos Sociais, celebrada o 28 de Setembro de 2012 no Centro
Cultural Carvalho Calero do Inferniño de Ferrol, onde foi aprobado
un Manifesto en apoio á candidatura Alternativa Galega de Esquerda.
Impresionoume o gran número de
persoas que tomaron a palabra, para expresar libremente o seu
parecer; ase mesmo a obediencia de uns para coas outras, o respecto,
pero sobre todo a sensación de que cada unha de nós éramos o
importante: non había escenario, non había mesa que presidira nada,
non había cargos ou representante públicos, aínda que si había
persoas coma nós, que militan nalgunhas asociacións ou partidos.
Éramos seres humanos na procura dun Manifesto común.
Tan forte foi o impacto que souben de
inmediato que algo novo se estaba a facer, algo que lle devolva o
poder ao pobo, algo que faga obedientes ao noso mandato aos que
elixamos para que nos representen. Por fin temos unha opción
ilusionante.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)