Coido que miña bitácora non é o mellor espello onde
reflectir ó mundo as miñas cousas particulares: paréceme egocéntrico, agora ben
a excepción é a causa da miña enfermidade.
Son doente e non é nada doado selo, e moito menos ser un bo
doente.Nas 3 semanas que levo vivindo no hospital, que para min supón o primeiro ingreso da miña vida, xa fixen moitas cousas:
As que máis deixarme levar por unha morea de grandes profesionais, mulleres e homes, que co seu saber e dedicación anónima, sacan adiante a saúde de tantos de nos. Defendo aquí a Sanidade Pública Universal e gratuíta.
Nalgún caso opúxenme o que dicían de facer, ou mesmo rexeitei un medicamento a enfermeira e médico incluído.
Noutro pedín que me pautaran un medicamento que me suprimiran 6 días antes e así fixeron.
Aínda fixen unha reclamación ó Defensor do doente.
¿E da miña doenza dirédesvos.
Non é doada e ten moitos riscos. E moi dura. Mais posto a elo voume poñer testudo por saír adiante aínda que só sexa para poder poñer outra entrada nesta vosa bitácora.
¡Ah, esquecíaseme: mañá baixo a quirófano.