Querida Bea.
Bea, eu teño por costume diferenciar
entre as siglas e as persoas; agora ben, cando unha persoa ostenta un
cargo público dun partido e pertence á dirección do mesmo, ten que
ter presente que publicamente ten que asumir as críticas á ese
partido, ao marxe da súa postura persoal, incluso se é de loita
dentro do mesmo partido. Ninguén discute que o PSOE, en unión co PP
e CIU, venderon aos cidadás, cambiando o artigo 135 da
Constitutución, e iso fainos corresponsables de que os bancos
tomaran o poder por encima das cidadáns. O indulto a Alfredo Sáez,
xa é o colmo dese empoderamento bancario en contra do pobo. Coma ben
dicía Ada Colau no discurso na Comisión Parlamentaria da ILP da
PAH, que era o discurso da cidadanía (Sociedade Civil) que é quen
ten que ter o poder, hai unha estafa das entidades financeiras, na
que son corresponsable os partidos que a propician e legalizan, que
chega a responsabilidade criminal no caso das mortes por suicidio.
Isto é moi grave, e é froito da aplicación das políticas
neoliberáis por parte dos partidos da dereita, e tamén do PSOE.
Resolver esta disxuntiva dentro do teu partido, non é cuestión de
persoas se non de programas, nos que claramente se decida apostar por
unha economía marxista, de claro compoñente social, que se una á
loita dos traballadores e dos parias da nosa sociedade (enfrontándose
con claridade ao poder da banca) En tanto isto non ocorre aos
militantes do PSOE, non lles queda outra que aguantar o rexeitamento
público manifesto e incluso subido de ton.
Esta realidade non se pode tapar, e
cada quen pódea expresar. Que ex ministros abandonen unha
manifestación onde estorban, pola presión da cidadanía indignada,
é normal mentres non rectifiquen. Ti mesma, Bea, marchaches dunha
concentración contra os deshafiuzamentos, na praza do Concello de
Ferrol, despois da lectura do manifesto, supoño que chea de vergoña;
tan só Celso tomou a palabra a micrófono aberto, para desculpar a
actitude do PSOE.
Alexandre, Bea, é un dos nosos; que
as formas, que min me parecen satíricas e axustadas, non sexan
vistas así por Martín e Ocampo é normal, que o digan estes
compañeiros tamén. Agora, iso non pode tapar a realidade e as
responsabilidades dun Partido. ¡A loitar, Bea, e se non consegues
que o partido cambie, pois xa sabes: non o representes.