Hai tempo xa, que nas travesías de Galicia puxeron radares;
aínda algúns facían prender a luz vermella dun semáforo, que che facía parar.
Nunca se recoñeceu que tiveran un fin económico, é dicir: recadatorio; de ganar
cartos. Semella que este invento tan cativo supón gastar cartos, xa que logo
non estaba incluído na infraestrutura de Renfe na perigosa curva de Angrois,
pero si houbo diñeiro para poñer unha cámara de vídeo, non quero pensar que por
se acontecía un accidente. Evidentemente coido que si estivera o dispositivo de
radar que avisara do perigo ó condutor, ou ben frease o convoi, o sinistro non
tería acontecido.
Pasada unha semana xa, dende o horroroso suceso, non teño
coñecemento de que se pediran dúas cousas que eu penso precisas; aquí as deixo coma
propostas:
Unha para o fiscal, de tal xeito que investigue a
responsabilidade penal dos técnicos do proxecto e dos políticos que decidiron a
inversión pública, por non incluír esa, ou outras medidas de seguridade, no
incomprensible deseño dun traxecto de alta velocidade que presenta tramos tan
anguriosos como a devandita curva (de oitenta quilómetros hora, pouco despois
dun tramo de 250) Tamén se a cesión das imáxenes do vídeo do accidente reportou
algún beneficio económico; non vaia ser.
A outra, que namentres non se corrixan estas trampas
mortais, no billete que se merca para poder viaxar por estes tramos poña: “unha
distracción humana pódete matar”
Axudemos a un ser humano que se despistou, pois teña ou non
responsabilidades penais, os responsábeis superiores son outros.