Coido que hai que deixar pasar algúns anos para analizar a Zapatero e poder ter realmente a súa valoración coma presidente de Goberno do estado español. É certo que cambiou da sociedade plural á singular; tamén é certo que se dobregou ás esixencias de Europa, dos banqueiros, dos empresarios, incluso contradicindo moitas cousas do seu discurso dos comezos e do ideario do seu partido. Agora ben, se de verdade queredes, rapaces, un mundo sen mercado nin capitalismo, sen empresas no que "o lucro do empresario" é legalmente o seu obxectivo, hai que poñerse a traballar xa, e deixarse de contos. Hai que renunciar as trapalladas para encher a andorga e esquecer o consumo masivo de cousas que non teñen a menor importancia na vida do ser humano. Loitar, aforrar recursos da natureza, aproveitar e reparar todo o construído e fabricado ata esgotalo, renunciar ao que se chama moda, en definitiva: seguir unha economía de produción programada e de decrecemento. Para os que non estean dispostos a renunciar a iso, dende logo Zapatero foi o mellor presidente posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario