Eu xa tiña moito camiño andado, e
tamén moi debandado no maxín o asunto da esmola. Para que me
entendades cóntovos unha historia real: Un día nunha asemblea desas
que inventaron os rapaces do 15M, e outros, que se fan nas prazas
públicas, apareceu un home con bigote e sombreiro que remarcaba a
súa etnia xitana, non falou, tan só sacou o sombreiro, volveuno e
con un aceno agarimoso, parábase diante dos que alí estaban; algún
botoulle unha moeda, cando chegou a miña fronte (el non sabía que
levo mais de tres anos buscando emprego e subsistindo con 426 euros
de subsidio) contei e levaba 12 moedas dun euro, a máis doutras
pequenas; supuxen que podería acabar a colecta con máis de 20
euros. Na gorxa púxoseme un nó. Se eu fose capaz de gastar do mesmo
xeito 10 minutos cada día, tería o mes 1.026 euros para meus
gastos, ¡daríame até para unha mariscada, e con viño de reserva.
Quedoume zoando a testa e agora coa axuda do electricista vin a luz.
¡Xa o teño. Xa sei coma acabar coa caridade (non quero dicir que
non haxa moita xente que precise axuda) falo da esmola, desa moeda
que cae na boeta e queda negra, tan negra que nin os bispos saben
cantos son os millóns que recollen dos que queren ir o ceo. ¡Dende
Ferrol e polo Camiño de Santiago correrá por todo o mundo a boa
nova: Doazón Transparente, isto non é caridade, nin esmola,
é unha doazón totalmente transparente, é dicir, pódese facer en
todo momento un seguimento da cantidade achegada; nunca o que recibe
a doazón pode ocultar nada, nin separar parte para outro uso
diferente. Penso desenrolar esta idea, se me deixan, dentro do Foro
Social de Ferrolterra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario