Ante as novas destes mesmos días,
propostas polos neoliberais que están a apropiarse das nacións,
temos que andar con coidado.
“A escravitude é esencial para o
funcionamento da democracia ateniense, a fin de deixar tempo para a
política aos homes libres. Estímase que na época clásica 3/4 da
poboación ateniense eran escravos” Esta frase, que pasei a galego,
está sacada da Wikipedia en castelán. Pois ben, ás claras nos
demostra que a Cospedal, e os seus correlixionarios andan a ler aos
clásicos, sen decatarse que estamos a vivir no século XXI, ou máis
ben, dándose conta pero agardando que nós non o fagamos e pensemos
que vivimos na civilización grega de entón.
Temos que facer a rebelión de novo e
saír ás rúas e Rodear os Parlamentos e os Centros de Poder
(Bancos) até lograr que os gobernantes dimitan e logremos formar
Parlamentos e Gobernos de cidadáns que obedezan aos cidadás.
Mentres tanto, en pé de loita, non
imos consentir que nin un só minuto de traballo sexa asoballado;
Asociacións de cidadás, Sindicatos de clase, Partidos dos
traballadores e público en xeral, temos que negarnos a facer ningún
traballo sen contrato e plenos dereitos, así que se queren que os
desempregadas traballen un só minuto en calquera tarefa (incluso de
axuda social) denantes terán que borralos do paro e facerlles un
contrato con Cotizacións e todos os dereitos. En caso de urxencia ou
emerxencia, o primeiro sería facer a labor posible, e logo con
carácter retroactivo, proceder a legalización plena de ese traballo
feito. Nin un paso atrás, nos nosos dereitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario