Eu xa tiña moito camiño andado, e
tamén moi debandado no maxín o asunto da esmola. Para que me
entendades cóntovos unha historia real: Un día nunha asemblea desas
que inventaron os rapaces do 15M, e outros, que se fan nas prazas
públicas, apareceu un home con bigote e sombreiro que remarcaba a
súa etnia xitana, non falou, tan só sacou o sombreiro, volveuno e
con un aceno agarimoso, parábase diante dos que alí estaban; algún
botoulle unha moeda, cando chegou a miña fronte (el non sabía que
levo mais de tres anos buscando emprego e subsistindo con 426 euros
de subsidio) contei e levaba 12 moedas dun euro, a máis doutras
pequenas; supuxen que podería acabar a colecta con máis de 20
euros. Na gorxa púxoseme un nó. Se eu fose capaz de gastar do mesmo
xeito 10 minutos cada día, tería o mes 1.026 euros para meus
gastos, ¡daríame até para unha mariscada, e con viño de reserva.
Quedoume zoando a testa e agora coa axuda do electricista vin a luz.
¡Xa o teño. Xa sei coma acabar coa caridade (non quero dicir que
non haxa moita xente que precise axuda) falo da esmola, desa moeda
que cae na boeta e queda negra, tan negra que nin os bispos saben
cantos son os millóns que recollen dos que queren ir o ceo. ¡Dende
Ferrol e polo Camiño de Santiago correrá por todo o mundo a boa
nova: Doazón Transparente, isto non é caridade, nin esmola,
é unha doazón totalmente transparente, é dicir, pódese facer en
todo momento un seguimento da cantidade achegada; nunca o que recibe
a doazón pode ocultar nada, nin separar parte para outro uso
diferente. Penso desenrolar esta idea, se me deixan, dentro do Foro
Social de Ferrolterra.
miércoles, 25 de julio de 2012
Doazón transparente na vez da esmola
¡Quen me ía dicir a min que o
electricista do Códice Calixtino sería o que precipitou un invento
tan importante coma o do ano 813, xusto fai hoxe 1199 anos.
miércoles, 20 de junio de 2012
A Vida
Repasei toda a miña vida dun golpe.
Unha ollada lixeira, pero ordenada, de cabo a rabo, tal coma se fose
aos naipes na man do mago. 40 cartas. Mais se cada carta fose un dos
meus días, faría falta unha baralla de 22.323 naipes. ¡Moitos
naipes.
Teño claro que non me vou a aforcar;
esa morte non. Pero quero poñer fin a miña vida como dereito
fundamental, precisamente da vida. A morte non é máis que un suceso
da túa propia vida, coido que só ten a particularidade de que é o
derradeiro. Por iso tan só un mesmo ten o dereito a decidir cando
toca morrer. Malia que a sociedade aínda está atrasada nisto;
deberíase poder ir á farmacia e pedir unha pastilla, logo, cando ti
quixeses tomábala e tan docemente adormecías, e rematou a túa
historia.
O ABC de hoxe pon que Rajoy xa ventilou
aos galegos, endosoulles unha carga económica, para pagar,
insoportable. Amais non teño traballo, non podo pagar as débedas no
primeiro de mes, e os bancos, ¡coidadiño están aí para ingresar
os xuros, máis os xuros de mora, máis as comisións de reclamación
da débeda; están aí. Os mercados que coma motor da economía xa
nos amosaron que nos afogan, quítannos os dereitos e o benestar
acadados con tantas loitas, tantos dores, tantas mortes... pero
queren máis mortes, e queren escravizarnos sen cadeas, pero sen
opción algunha á menor liberdade; iso si, podemos escoller entre
coca cola ou pesi cola.
Pensei en deixarlle unha carta ao xuíz,
¿a cal ¿ao presidente do Supremo. ¿Como lle explico que quero
morrer porque os que mandan na sociedade nos asfixian, quítannos a
posibilidade de traballar, de ter unha vivenda, de ter comida para
non pasar fame, de ter unha Ensinanza pública, unha Sanidade
universal para todos, quítannos a posibilidade de pasar os últimos
anos da nosa vida axeitadamente, con dignidade. Isto para nós os
parias, pero non aos banqueiros, tampouco aos ex-cargos públicos,
nin aos corruptos, nin aos que gastan 6000 euros dos nosos impostos
en pasar divertidos unha fin de semana (de 3 ou 4 días) unha e outra
vez. Para rescatar a eses e encubrir a aqueles endebédanos Rajoy a
Nós.
Por todo isto puxen punto e final, e
coma non me quero aforcar, nin hai a pastilla, subín a un edificio
de moitos pisos. Aí entrei nunha habitación e abrín a ventá, 20
andares: suficiente. Collín carreira e soltei...
Cando pouco despois saín polo portal e
mirei para a ventá do piso 20, vin o boneco, co que fixen a proba de
matarme, esganado pola gorxa. Pasou que o ceibalo pola fiestra
enguedellouse nas cordas da persiana e alí quedou aforcado coma un
pallaso. Fixen ben en facer unha proba do meu suicidio, pois se chego
a ser eu morrería aforcado cando a miña vontade (por non ter a
pastilla) era morrer machucado contra o asfalto.
miércoles, 13 de julio de 2011
O Raposo
Percorría eu hoxe os camiños consentidos e coñecidos onde de xeito irregular paseo monte arriba, e tralo cumio do Couto do Rei volteando cal ruadas entre montes pechados ás veces de árbores frondosos e profundos e outras de espazos abertos das aldeas ou terras de labor, ou sinxelamente cheos desa maleza das nosas vidas de fentos e toxos mesturados con xestas e centos de herbas e outras outras especies de flora. Albisquei de lonxe, entre a espesura da maleza, un brillo, se cadra azulado, ou moi gris e metálico, e empeñeime en que un raposo movíase o seu derredor.
Froito da miña curiosidade achegueime por entre a chaira silvestre ata o lugar no que cinguía o reflexo, sen atopar outra cousa que unha lata que a bo seguro un latoso cidadán tivera lanzado ó baleiro dende o camiño para quedarse alí quieta, á espera de que un ser calquera retocase a súa postura ou podrecer para sempre. ¿Estaría de certo o raposo denantes, coma eu sospeitara. Se cadra si, eu vira coma un rego na vexetación movéndose no sentido contrario dó que eu camiñaba. Nin un indico de dúbida me quedou cando vin a lata: Red Bull. O raposo era moi listo e de seguro que sabía ler; marcharía moi satisfeito contando que ó fin mañá tería ás.
miércoles, 8 de junio de 2011
Perdón
O que perdoa, é que ten algo apuntado para cobrar; o que pide perdón quere facer desaparecer, a cambio de un pago, a pegada de algo que fixo sabendo que facía mal, ou cando menos que recoñece que fixo mal.
Eu penso que o perdón é unha argucia. Tan so pode existir, coma existe na nosa sociedade, froito de moitos séculos de repetir unha falacia, na procura do aliñamento da xente en función do máis alá, para que renuncien ao próximo. A realidade pretérita tan só cabe coñecela, e a partires dela facer autocrítica. Ninguén pode borrar o pasado, antes ben, hai que ser honrado co mesmo. Se alguén na súa autocrítica encontra un dano feito a outra persoa debe manifestarlle dunha maneira inequívoca o recoñecemento da súa falta, repoñer na medida do posible o dano feito e comprometerse en función da autocrítica e do aprendizaxe da lección do suceso para que nunca máis volva a acontecer.
O perdoar, é dicir, quedar coa sensación de que non pasou nada despois de confesalo, é un furto e un abuso para o damnificado. Se hai intermediarios, ou sexa alguén que perdoa no nome de outro, é unha artimaña artificiosa. Se por obter o perdón pensamos que a persoa é a mesma de antes, estamos aliñados á unhas crenzas que non teñen en conta a razón.
Este preámbulo non ten outro obxecto que facer entender porque á hora de elixir o seu voto moitas persoas non teñen en conta a corrupción dos que van nas listas. Tamén da explicación o por que aplauden aos seus delincuentes (que supoñen perdoados), namentres condenan aos contrarios que cometen o mesmo delito.
viernes, 6 de mayo de 2011
Grupo irregular
Inventemos o futuro. Aos mozos e mozas e sobre todo aos que son virxes en votacións pídolles que voten, aínda que para elixir fagan un gran esforzo; non votar, ou un voto en branco só axuda aos culpables. Inventemos: Teño un proxecto para facer un grupo que se poida presentar ás eleccións e conseguir os suficientes votos como para dobregar aos poderosos ricos que mandan e aos políticos actuais que lles obedecen, deste xeito poderemos traer á nosa sociedade a democracia verdadeira, é dicir que mande o pobo cos seus votos. Presentareino na miña páxina, o día 23. De momento voulle a chamar Grupo irregular (Gi). Unha vez que expoña o meu invento a través de asembleas que xurdan en calquera lugar e a través da Rede, iremos pulindo o proxecto ata chegar ao final, sabendo que non teño ningún inconveniente en que sexa totalmente diferente ao que eu propoñía no principio, o fin é que estea apoiado por todos, salvo claro, esa minoría culpable.
jueves, 21 de abril de 2011
Cregos que amolan
Hoxe lin no Xornal de Galicia unha opinión que non me resistin a comentar
http://www.xornal.com/opinions/2011/04/21/Opinion/ateos-pelmazos/2011042116490700947.html
Dá a impresión que viviches pouco mundo, ou ben, que se o viches e o viviches algo che impide coñecer o que pasa. Neste país desde que un nace ten que soportar, non un crego que te amola senón unha ditadura angustiante de catolicismo rancio, pegañento e inevitable, tal que coas súas redes ancoradas no pasado cando o palio acubillaba unha ditadura, non dan a máis mínima oportunidade de formar ás persoas dentro da liberdade co gallo de ter personalidade propia e criterio; tan cega fan á maior parte da xente que nin sequera, como no teu caso, poden detectar cregos amolantes. E iso non só ao nacer, senón que ata o último día da túa vida perséguente para que no teu enterro vaia un deses cregos; tanto é así que me consta o empeño real que teñen porque Fidel leve auga bendita á tumba. Non quero que te cures nin que abras os ollos, sei que non o podes conseguir. Un saúdo
http://www.xornal.com/opinions/2011/04/21/Opinion/ateos-pelmazos/2011042116490700947.html
Dá a impresión que viviches pouco mundo, ou ben, que se o viches e o viviches algo che impide coñecer o que pasa. Neste país desde que un nace ten que soportar, non un crego que te amola senón unha ditadura angustiante de catolicismo rancio, pegañento e inevitable, tal que coas súas redes ancoradas no pasado cando o palio acubillaba unha ditadura, non dan a máis mínima oportunidade de formar ás persoas dentro da liberdade co gallo de ter personalidade propia e criterio; tan cega fan á maior parte da xente que nin sequera, como no teu caso, poden detectar cregos amolantes. E iso non só ao nacer, senón que ata o último día da túa vida perséguente para que no teu enterro vaia un deses cregos; tanto é así que me consta o empeño real que teñen porque Fidel leve auga bendita á tumba. Non quero que te cures nin que abras os ollos, sei que non o podes conseguir. Un saúdo
sábado, 2 de abril de 2011
2012 sen Zapatero
Coido que hai que deixar pasar algúns anos para analizar a Zapatero e poder ter realmente a súa valoración coma presidente de Goberno do estado español. É certo que cambiou da sociedade plural á singular; tamén é certo que se dobregou ás esixencias de Europa, dos banqueiros, dos empresarios, incluso contradicindo moitas cousas do seu discurso dos comezos e do ideario do seu partido. Agora ben, se de verdade queredes, rapaces, un mundo sen mercado nin capitalismo, sen empresas no que "o lucro do empresario" é legalmente o seu obxectivo, hai que poñerse a traballar xa, e deixarse de contos. Hai que renunciar as trapalladas para encher a andorga e esquecer o consumo masivo de cousas que non teñen a menor importancia na vida do ser humano. Loitar, aforrar recursos da natureza, aproveitar e reparar todo o construído e fabricado ata esgotalo, renunciar ao que se chama moda, en definitiva: seguir unha economía de produción programada e de decrecemento. Para os que non estean dispostos a renunciar a iso, dende logo Zapatero foi o mellor presidente posible.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)